Marzo é o mes da
endometriose e un grupo de Alumnos do IES As Barxas de Moaña decidiron
contribuir a difundir a doenza entre os compañeiros e compañeiras.
Para falar dela crearon
un vídeo de apenas 3 minutos nos que alertan ás rapazas do que é sufrir
endometriose.
1 de cada 10 mulleres en
idade fértil ten endometriose. En Galicia 60.000 mulleres padecen algunha forma
desta enfermidade para a que non hai unidades especializadas e
multidisciplinares en toda Galicia.
O 15% delas teñen formas
graves. En Galicia 9.000 mulleres teñen das consideradas severas que lles poden
impedir traballar ou estudar con normalidade ou que dificultan ou impiden que
poidan ser nais se así o desexan.
Este grupo de 1º de
Bacharelato do IES As Barxas, dirixidos pola profesora Luz Beloso, deulle forma
a esta idea nun vídeo que alerta da necesidade de que haxa investigación para
que poida haber tratamentos axeitados e diagnósticos precoces. Hoxe a media do
atraso diagnóstico está en 8 anos dende a primeira consulta. Neses oitos anos a
muller soporta infinitas horas de dor e a doenza avanza sen que ninguén lle
poña freo.
O vídeo podedes
consultalo aquí:
Subliñan desde a
asociación ‘querENDO – Mulleres con endometriose’, que o traballo
deste grupo de alumnos “é sinxelamente precioso; precioso pola iniciativa,
precioso pola idea, precioso pola execución, precioso porque pode ser moi útil
para que as rapazas máis novas tomen conciencia da existencia desta doenza,
acudan ao xinecólogo e non soporten dores durante anos”.
Fonte: Botóns
Fonte: Botóns