O día 14 de xuño, celebrarase en todas as cidades de
España o Día Nacional das Linguas de Signos. Por iso, dende a FAXPG
non queremos ser menos e tamén o imos a celebrar.
Para iso,
enviámosvos unhas fichas con actividades por se queredes
empregalas cos vosos alumnos (para Educación Primaria), e que tomen conciencia
da realidade das persoas xordas e da discapacidade auditiva.
Ademáis disto,
comentarvos que tamén sairemos á rúa durante ese día, e teremos stands
informativos nas principais cidades de Galicia, nos que daremos información e
faremos algunhas actividades para conmemorar este día.
Na provincia da
Coruña, en concreto, teremos os puntos informativos situados en :
Na Coruña, nos
Xardíns de Méndez Núñez.
En Ferrol, na
Praza do Marqués de Amboage.
En Santiago, na
Praza do Toural.