O cazo de
Lourenzo (A petite
casserole d’Anatole), Éric Montchaud, Francia, 2014, 5’47’’, dobrado ao
castelán.
Lourenzo é un neno
decidido e cariñoso que ten unha peculiaridade: arrastra un cazo cun cordel.
Ten que facer o dobre de esforzo para xogar como o fan os demais! O cazo
complícalle a vida e xa empeza a estar farto del. A xente mírao e os cans
ládranlle. Menos mal que alguén lle ensinará a vivir con iso e faralle entender que é único e excepcional.
Fonte: TEAVi_EDUCACIÓN