Non merques pictogramas de ARASAAC


Chegounos algunha dirección de Facebook que copia os nosos pictogramas orixinais e gratuitos de ARASAAC sobre as emocións para vendelos con calquera escusa. A parte das medidas legais que tomemos cara a estas páxinas, non vos deixedes enganar e non os compredes. O Goberno de Aragón financia este proxecto para que os recursos xerados non teñan custo económico algún para todos vós.

Unha das mellores formas de contraatacar este tipo de pirataría é difundir o realmente orixinal e compartilo nas redes sociais para que chegue a máis xente e minimizando o engano e as artimañas que utilizan algúns desalmados que fan negocio con recursos que son totalmente gratuítos.














Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »