Eu demandei ao sistema educativo




O vídeo I Just Sued The School System (Eu demandei ao sistema educativo) comeza con esta soada frase atribuída a Albert Einstein: “Todo o mundo é un xenio. Pero si xulgas a un peixe pola súa habilidade para rubir árbores, vivirá toda a súa vida pensando que é un inútil”. Unha frase que o protagonista do vídeo, Prince Ea, usa a modo de introdución para o seu sisudo discurso.

No vídeo critícase o sistema educativo actual, o cal está obsoleto para nosa era, mata a creatividade e transforma a persoas en seres autómatas. Prince Ea vai máis aló na súa análise e propón un modelo educativo alternativo no que se ensine ás persoas a sacar todo o seu potencial. Este vídeo resalta a importancia da educación na sociedade como vas poder ver a continuación.




Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »