Biblioteca Escolar Dixital




Nace a nova Biblioteca Escolar Dixital (BED) da CITA. E faino, primeiro, coa pretensión de ser unha ferramenta útil e eficaz para todas as persoas interesadas no uso e a incorporación das TIC na educación, e, segundo, coa seguridade que dá fusionar dous servizos da CITA moi coñecidos polos expertos desde hai varios anos: a Biblioteca Escolar Dixital, un completo catálogo de obxectos dixitais de educación organizados por niveis educativos e materias, e o Centro de Coñecemento das TIC aplicadas á Educación, completo portal con informes, artigos, investigacións, boas prácticas e actualidade en torno ao uso educativo da tecnoloxía.

Desde un punto de vista organizativo, a BED está estruturada en bloques de contido que facilitan a procura de información:
Obxectos Educativos. Catalogo de obxectos dixitais educativos organizados por niveis, cursos e materias.
Centro de Coñecemento. Nesta sección poderanse atopar informes, investigacións, artigos, bibliografía e reseñas bibliográficas
Boas prácticas. Unha completa selección das mellores experiencias de utilización de TIC nas aulas.
Recursos. Con enlaces de interese, ferramentas web, apps...
Actualidade. As últimas noticias e os últimos eventos para estar ao día.
Debates. Unha sección onde se abrirán foros de discusión ao redor de temas de actualidade do mundo educativo.

Biblioteca Escolar Dixital

Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »