O pequeno Nube Vermella





O pequeno Nube Vermella agachouse para entrar na tenda da súa avoa. Esta atopábase xunto ao lume, limpando tubérculos para a cea. O fume saía por un buraco que había no alto e así o interior permanecía sempre cálido e limpo.

Ao mozo sioux víaselle azorado. A avoa preguntou dulcemente:

Que sucede, Nube? Véxoche mal.

Outra vez o meu irmán! Foise cos demais a pescar e deixoume só. Que rabia dáme! Por que a xente é tan mala, avoa?

Moi simple, meu fillo. Dentro de nós habitan dous lobos: un é cariñoso e feliz; o outro, envexoso e ruin. 

Os dous loitan no noso interior.

E cal acabará gañando? -preguntou o neno cos ollos abertos.

Non hai dúbida: o que alimentamos mellor -concluíu a muller.

Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »