O pequeno Nube Vermella agachouse
para entrar na tenda da súa avoa. Esta atopábase xunto ao lume, limpando
tubérculos para a cea. O fume saía por un buraco que había no alto e así o interior permanecía
sempre cálido e limpo.
Ao mozo sioux víaselle azorado. A
avoa preguntou dulcemente:
Que sucede, Nube? Véxoche mal.
Outra vez o meu irmán! Foise cos
demais a pescar e deixoume só. Que rabia dáme! Por que a xente é tan mala,
avoa?
Moi simple, meu fillo. Dentro de
nós habitan dous lobos: un é cariñoso e feliz; o outro, envexoso e ruin.
Os
dous loitan no noso interior.
E cal acabará gañando? -preguntou
o neno cos ollos abertos.
Non hai dúbida: o que alimentamos
mellor -concluíu a muller.