O proxecto de camiño
escolar Colecamiños, reforzado coa mascota Moito Olliño, é unha
experiencia pioneira en Compostela que xorde coa intención de promover un
cambio nas pautas de mobilidade dos nenos e nenas da nosa cidade. Os
"camiños escolares" non son proxectos de carácter exclusivamente
educativo, son iniciativas dirixidas a que os menores poidan moverse con
seguridade e autonomía polas rúas e recuperen o uso e aproveitamento do espazo
público. Polo tanto, son proxectos que atinxen de forma directa á cidade no seu
conxunto e que afectan a todas as áreas da xestión local ou municipal que teñen
competencias no deseño, na habitabilidade e na seguridade do espazo público.
¿Lémbraste das historias que
viviches cando percorrías o camiño ao colexio en compañía dos teus amigos?
Na actualidade son poucos os
nenos que gozan desa experiencia, motivado polas présas e os ritmos de vida
excesivamente acelerados e tamén por un proteccionismo esaxerado que están a
sufrir por parte das súas familias.
Ademais, a necesidade de acompañar aos nenos e nenas ata mesma porta das escolas provoca un impacto negativo na fluidez do tráfico da cidade ao tempo que xera demasiadas situacións de risco para a seguridade dos propios escolares, convertendo aos pais e nais nos peores modelos a seguir no que a educación viaria se refire.
Con estas bases, o proxecto Colecamiños, que xorde desde a Policía Local coa consciencia do importante papel da infancia na cidade, pretende favorecer a seguridade e a autonomía dos nenos e nenas nos seus desprazamentos ao colexio.
Ademais, a necesidade de acompañar aos nenos e nenas ata mesma porta das escolas provoca un impacto negativo na fluidez do tráfico da cidade ao tempo que xera demasiadas situacións de risco para a seguridade dos propios escolares, convertendo aos pais e nais nos peores modelos a seguir no que a educación viaria se refire.
Con estas bases, o proxecto Colecamiños, que xorde desde a Policía Local coa consciencia do importante papel da infancia na cidade, pretende favorecer a seguridade e a autonomía dos nenos e nenas nos seus desprazamentos ao colexio.
Os obxectivos do camiño escolar
seguro son:
- Incrementar o número de menores que acoden a diario
camiñando ao colexio desde as súas casas, fomentando modos de
desprazamento máis sostibles.
- Favorecer que as nenas e nenos acudan en compañía
de amigos e compañeiros.
- Minimizar os riscos nos accesos escolares,
diminuíndo a inseguridade viaria que existe na actualidade.
- Implicar pais, nais e outros familiares no proxecto
para garantir maiores cotas de autonomía infantil.
- Impulsar que o alumnado recupere o uso e
aproveitamento do espazo público.
- Integrar no contexto diario as normas e os valores
inculcados na aula sobre a educación viaria para axudar a mudar as
actitudes nesta materia e os hábitos de comportamento.
- Fomentar a conciencia ecolóxica.
Este proxecto é o resultado dun
intenso traballo de elaboración e inclúe diversas actividades e fases de
planificación que permiten sensibilizar á comunidade educativa -e en especial a
nenos e nenas- da importancia de organizar, crear e facer uso das rutas para
desprazarse a pé ao colexio:
- Talleres de sensibilización.
- Análise da visión infantil a través de enquisas e
charlas.
- Encontros con docentes, nais e pais, ANPA,
voluntariado.
- Deseño das rutas máis seguras e puntos de encontro.
- Modificacións urbanísticas para adaptar os espazos
seguros aos máis pequenos.
- Sinalización horizontal e vertical dos percorridos
e das zonas disuasorias para os vehículos onde deixar e recoller os
escolares.
- Charlas educativas sobre seguridade viaria.
- Charlas informativas coas persoas voluntarias que
ofrecen aos escolares a posibilidade de cruzar con maior seguridade
viaria.
- Concurso de debuxos infantís para o deseño da
mascota.
- Creación das “tendas amigas” cuxo persoal tamén
axudará aos nenos cando poida ocorrer calquera contratempo.
- Comunicación ás comunidades de veciños que contan
con saídas de vehículos nos percorridos.
- Campaña da “multa cívica”.
- Campaña e concurso de cartas “Agora aconséllovos
eu!”
O proxecto Camiños Escolares está
aberto a calquera colexio cuxos responsables mostren implicación e
sensibilidade nos valores que transmite.
Camiño escolar seguro
Ligazóns
- Organiza grupos coas familias
- Proxectos de Camiño Escolar -DXT
- “Camiño escolar”. Pasos cara a autonomía infantil
- Mobilidade e infancia
- A cidade dos nenos