A IFLA (International Federation of Library Associations and
Institutions) publicou hai un tempo esta infografía na que se lembran
algúns aspectos a ter en conta á hora de valorar a información e a fiabilidade
das noticias: How To Spot Sake News .
Traducida ao galego, lembrámola nestes comezos de curso como unha ferramenta
para a imprescindible alfabetización en información, na que
podemos ir introducindo ao alumnado desde ben pequenos, e aproveitando o
interese polos temas que xorden no medio ou no transcurso das investigacións
que realicen nas diferentes fases dos seus traballos. (Agradecemos a
Manuel Iglesias Fernández a tradución ao noso idioma).