A Teoría da Mente ten a súa orixe nas investigacións con chimpancés de Premack e Woodruff en
1978. A maior parte dos estudos sobre este concepto centráronse en persoas
diagnosticadas de Trastorno do Espectro Autista, ao considerar o déficit
en Teoría da Mente como a causa principal das demais dificultades que presentaban. A partir
de aquí, as investigacións empezaron a focalizar a súa atención noutras
poboacións con dificultades, que poderían presentar tamén un posible déficit
mentalista.
A proba de Sally e Ana emprégase para avaliar a capacidade dunha persoa para comprender que os demais teñen estados mentais diferentes aos seus.