Recursos para medrar en galego

 

O portal da lingua galega



Así, avánzase un pasiño máis nunha das principais demandas das persoas con discapacidade, que reclaman accesibilidade aos medios audiovisuais. Algo especialmente importante na infancia para alcanzar os obxectivos de calidade de vida e de plena igualdade de oportunidades.

Desde hoxe todos os nenos e nenas poden gozar da súa serie favorita e aprender coas aventuras de Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa.

Estes materiais audiovisuais complétanse coa guía didáctica. Os Bolechas. A lingua de signos, destinada a explicarlles a todos os nenos e nenas galegos en que consiste a lingua de signos e a aprenderlles algúns rudimentos dela que permitan un achegamento maior á comunidade de persoas xordas.

Tanto os vídeos coma a guía son froito da colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.



O obxectivo deste proxecto audiovisual é aprender a construír e manipular un monicreque de boca. O vídeo consta de dúas partes: unha primeira dedicada á construción dos monicreques e unha segunda centrada nas leccións básicas de manipulación. A proposta está pensada especificamente para pequenos e pequenas de 3 anos a 12 anos, pero pódese participar con calquera idade.



A Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU) ofrece unidades didácticas, xogos e pasatempos sinxelos para achegar o mundo do mar ás aulas.


Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »