Caderno de comunicación aumentativa con 72 taboleiros organizados por campos semánticos




Informática para Educación Especial


Aquí tedes unha "Recompilación de Taboleiros de comunicación de 12 casas" con pictogramas de ARASAAC. Os taboleiros están organizados por campos semánticos introducidos por unha pequena frase na parte superior, que pode servirnos para traballar frases sinxelas cos distintos elementos do taboleiro.

Este tipo de taboleiros poden ser empregados por persoas con calquera rango de idade, que teñen necesidades moi específicas no ámbito da comunicación, aínda que tamén poden utilizarse para traballar o vocabulario, a identificación e evocación dos conceptos representados por pictogramas, a construción de estructuras sintácticas sinxelas, etc.

Distribuíronse dous taboleiros en cada folio para a súa impresión en formato A4, aínda que si os recortamos pola metade, poderemos encadernalos tipo cuartilla.




Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »