intef
Noelia Tomás Martínez introdúcenos Mentimeter, ferramenta que
facilita a participación dos estudantes na aula. A dinamización está asegurada
con esta aplicación. O escenario tecnolóxico que nos ofrece Mentimeter,
permítenos realizar actividades máis tradicionais cunha perspectiva máis
innovadora.
Existen numerosas ferramentas de avaliación. Algunhas delas xa foron
obxecto de análise no Observatorio
de Tecnoloxía Educativa. No caso de Mentimeter, a inmediatez para
solicitar información asoma como punto forte a destacar. Esta avaliación é unha
das tarefas que podemos realizar, pero o claro elemento diferenciador con
ferramentas análogas, son as distintas actividades que poden utilizar os
docentes para dinamizar a clase.
Entre estas actividades temos: cuestionarios (para coñecer a opinión do
noso alumnado), nubes de palabras (as máis repetidas polos estudantes vanse
facendo máis grandes),preguntas anónimas (de gran axuda para aqueles con máis
timidez) ou choiva de ideas (as palabras que escriben van a aparecendo na
pantalla).
Si queres sacar partido desta ferramenta, non dubides en ler o artigo de
Noelia. Ela preséntanos as claves para utilizar Mentimeter desde a súa
experiencia, resaltando os seus puntos fortes e a súa facilidade para utilizala
e implementarla nas clases. Aumenta a motivación dos teus alumnos/as con
actividades clásicas, levadas a cabo con esta ferramenta dixital.