CERMI
O 70% das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento
entende un texto si está escrito en lectura fácil e o 30% restante precisa
apoios extra, segundo conclúe un estudo sobre comprensión lectora realizado por
Plena Inclusión e presentado este martes en Madrid, no que participaron 578
persoas de Madrid, Castela-A Mancha, Estremadura e Andalucía. Delas, 447 teñen
discapacidade intelectual e 131 son estudantes da Universidade Autónoma de
Madrid.
O estudo 'Una escalera para comprender el mundo', realizado por Plena
inclusión España cun equipo de investigación da Universidade Autónoma de Madrid
e co apoio de Fundación ONCE, establecía catro niveles de comprensión lectora,
relacionados co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas: nivel A,
nivel B-, nivel B+ e nivel C.
Segundo os seus resultados, o 70% das persoas con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento superaron o nivel A, equivalente á lectura fácil. Iso
demostra que para que a información chegue a esta poboación é necesario ese
nivel de adaptación. Tamén é importante destacar que para un 30% dos
participantes a lectura fácil non é unha solución por si soa e necesítanse máis
adaptacións.
Con todo, Plena Inclusión destacou que este traballo proba a utilidade e a
necesidade da lectura fácil para garantir a accesibilidade cognitiva. Un dato
rechamante do estudo é que un 20% das persoas participantes superou a proba do
nivel máis complexo, con resultados similares a poboación universitaria. Isto
reforza a idea da diversidade de necesidades e apoios que teñen as persoas con
discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, e rompe o estereotipo de que
todas poidan necesitar a lectura fácil, concluíu.
O estudo tamén revisou que outros factores inflúen nos resultados das probas
de comprensión lectora e apunta a que non hai diferenzas nos resultados entre
persoas de diferentes comunidades autónomas, persoas que viven en grandes
cidades ou pobos ou entre persoas de diferente xénero.
Con todo, si sinala que as persoas con formación ou que traballan en
lectura fácil conseguen mellor nivel de comprensión lectora, mentres que quen
participan en clubs de lectura non teñen mellores resultados que as persoas que
non participan neles.